Atallos de marcación
Para asignar un número de teléfono á unha das teclas numéricas, de 2 a 9, seleccione
Menú > Guía > Marcacións rápidas, desprácese ata un número desexado e
seleccione Asignar. Insira o número de teléfono desexado ou seleccione Buscar e garde
o contacto.
Para activar a función de marcación rápida, seleccione Menú > Axustes >
Chamadas > Marcación rápida > Activado.
Para facer unha chamada usando a marcación rápida, no modo de espera, manteña
premida a tecla do número que desexe.
4. Escribir texto
Modos de texto
Para inserir un texto (por exemplo, ao escribir unha mensaxe) pode utilizar a inserción
de texto tradicional ou preditiva.
Cando escribe texto, seleccione e manteña premido Opcións para cambiar entre
inserción de texto tradicional, indicado por , e a entrada de texto preditivo, indicada
por
. O texto preditivo non funciona con tódalas linguas.
Os cadros de caracter están indicados por
, , e
.
Para cambiar o cadro de carácter, prema #. Para cambiar do modo texto ao modo
numérico, indicado por
, prema e manteña premido #, e seleccione Modo
numérico. Para cambiar do modo número ao modo letra, prema a manteña premido
#.
Para definir o idioma de escritura, seleccione Opcións > Idioma escritura.
Inserción de texto tradicional
Prema unha tecla numérica, do 2 ao 9, de xeito repetido ata que apareza o carácter
desexado. Os caracteres dispoñibles dependen da lingua de escritura elixida.