Tecnoloxía sen fíos Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permítelle conectar o seu teléfono mediante ondas de radio a
un teléfono compatible con Bluetooth nunha distancia de 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os
seguintes perfís: acceso xenérico, intercambio de obxectos xenérico, mans libres, kit
mans libres portátil, envío de obxectos, transferencia de arquivos, acceso de rede de
área persoal, acceso telefónico a redes, aplicación de descubrimento de servizos, acceso
SIM e porto serie . Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que
dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este
modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter
información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth
Seleccione Menú > Axustes > Conectivida-de > Bluetooth e siga os seguintes
pasos:
1. Seleccione Nome do meu telé-fono e escriba un nome para o seu teléfono.
2. Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione Bluetooth > Activado. indica
que o Bluetooth está activo.
3. Para conectar o seu teléfono cun accesorio de audio, seleccione Buscar acces.
audio e o dispositivo que desexa conectar.
4. Para vincular o seu teléfono con calquera dispositivo Bluetooth próximo, seleccione
Disposit. vinculados > Engadir novo disp..
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione Engadir.
Escriba o contrasinal (ata 16 caracteres) no seu teléfono e active a conexión noutro
dispositivo Bluetooth.
Se ten dúbidas sobre a seguridade, desactive a función Bluetooth ou configure
Visibilidade do meu teléfono como Oculto. Acepte comunicacións Bluetooth só
daqueles nos que vostede confía.