Restaurar axustes de fábrica
Para restaurar o teléfono ás condicións de fábrica, seleccione Menú > Axustes >
Recup axus-tes predet. e das seguintes opcións:
● Recuperar só axustes — para reiniciar a configuración sen eliminar información
persoal
● Recuperar todo — para reiniciar todas as preferencias de configuración e eliminar
toda información persoal tal como contactos, mensaxes, arquivos multimedia e
códigos de activación.
10. Menú operador
Acceda a un portal de servizos fornecidos polo seu operador de rede. Se desexa coñecer
máis información, póñase en contacto co seu operador de rede. O operador pode
actualizar este menú cunha mensaxe de servizo.
11. Galería
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha
copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia PC Suite. É posible que outros métodos de transferencia non
transfiran as claves de activación que é necesario recuperar co contido para que poida
continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a
memoria do dispositivo. Tamén é posible que necesite recuperar as claves de activación
en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
O teléfono admite un sistema de xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer o
contido que se adquira. Comprobe sempre as condicións de envío de calquera contido
e a tecla de activación, antes de adquirilos, xa que poderían cobrarlle unha tarifa por
eles.
Para ver os cartafoles, seleccione Menú > Galería.
12. Medios
Radio FM
A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos do dispositivo. Para que a
radio FM funcione correctamente, cómpre dispoñer dun ML portátil ou un accesorio
compatible conectado ao dispositivo.