Contactos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
17
Para engadir un contacto, seleccione Nomes > Opcións > Engad. novo cont.. Para
engadir información a un contacto, asegúrese de que a memoria que se está a utilizar
estea en Teléfono ou Teléfono e SIM. Seleccione Nomes, desprácese ata o nome e
seleccione Detalles > Opcións > Engadir detalle.
Para buscar un contacto, seleccione Nomes, e desprácese pola lista de contactos ou
insira as primeiras letras do nome.
Para copiar contactos entre a memoria do teléfono e da tarxeta SIM, seleccione
Nomes, desprácese ata o contacto que desexe e seleccione Opcións > Copiar
contacto. Na memoria da tarxeta SIM, só pode gardar un número de teléfono de cada
vez.
Para seleccionar a memoria do teléfono ou a da tarxeta SIM, seleccione o xeito no que
desexe que se amosen os nomes e os números nos contactos e para ver a capacidade
de memoria destes, seleccione Axustes.
Pode enviar e recibir información de contacto de calquera persoa como unha tarxeta
de visita dun dispositivo compatible con vCard estándar. Para enviar unha tarxeta de
visita, seleccione Nomes, busque o contacto cuxa información desexe enviar e
seleccione Detalles > Opcións > Enviar tarx. visita.
8. Rexistro de chamadas
Para ver a información sobre as chamadas, seleccione Menú > Rexistro. Entre as
opcións dispoñibles poden atoparse as seguintes:
● Rexistro de chamadas — ver as chamadas recentes perdidas e recibidas e os
números marcados por orde cronolóxica
● Chamadas perdidas, Chamadas recibidas, ou Números marcados — para
información sobre as súas chamadas recentes
● Destinatar. mensaxe — para ver os contactos aos que enviou mensaxes
recentemente
● Duración de chamada, ou Contador pa-quet. datosTemp. con. paq. datos — para
ver información xeral sobre as súas comunicacións recentes
● Rexistro de mensaxes, ou Rexistro sin-cronización — ver o número de
sincronizacións ou mensaxes enviadas e recibidas
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de
servizos varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos
impostos, etc.
9. Configuración
Perfís
O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden
personalizarse con tons de chamada para diferentes eventos e ambientes.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións: