Nokia 2323 classic - Contactos

background image

Contactos

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

17

background image

Para engadir un contacto, seleccione Nomes > Opcións > Engad. novo cont.. Para

engadir información a un contacto, asegúrese de que a memoria que se está a utilizar

estea en Teléfono ou Teléfono e SIM. Seleccione Nomes, desprácese ata o nome e

seleccione Detalles > Opcións > Engadir detalle.
Para buscar un contacto, seleccione Nomes, e desprácese pola lista de contactos ou

insira as primeiras letras do nome.
Para copiar contactos entre a memoria do teléfono e da tarxeta SIM, seleccione

Nomes, desprácese ata o contacto que desexe e seleccione Opcións > Copiar

contacto. Na memoria da tarxeta SIM, só pode gardar un número de teléfono de cada

vez.
Para seleccionar a memoria do teléfono ou a da tarxeta SIM, seleccione o xeito no que

desexe que se amosen os nomes e os números nos contactos e para ver a capacidade

de memoria destes, seleccione Axustes.
Pode enviar e recibir información de contacto de calquera persoa como unha tarxeta

de visita dun dispositivo compatible con vCard estándar. Para enviar unha tarxeta de

visita, seleccione Nomes, busque o contacto cuxa información desexe enviar e

seleccione Detalles > Opcións > Enviar tarx. visita.

8. Rexistro de chamadas

Para ver a información sobre as chamadas, seleccione Menú > Rexistro. Entre as

opcións dispoñibles poden atoparse as seguintes:
Rexistro de chamadas — ver as chamadas recentes perdidas e recibidas e os

números marcados por orde cronolóxica

Chamadas perdidas, Chamadas recibidas, ou Números marcados — para

información sobre as súas chamadas recentes

Destinatar. mensaxe — para ver os contactos aos que enviou mensaxes

recentemente

Duración de chamada, ou Contador pa-quet. datosTemp. con. paq. datos — para

ver información xeral sobre as súas comunicacións recentes

Rexistro de mensaxes, ou Rexistro sin-cronización — ver o número de

sincronizacións ou mensaxes enviadas e recibidas

Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de

servizos varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos

impostos, etc.

9. Configuración

Perfís

O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden

personalizarse con tons de chamada para diferentes eventos e ambientes.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións: