Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse como dúas ou máis
Navegación polos menús
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
14
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao número
de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación, e os
caracteres correspondentes a determinados idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
Un indicador na parte superior da pantalla amosa o número total de caracteres que
quedan e o número de mensaxes que hai que enviar.
Antes de poder enviar mensaxes, debes gardar a seu número de centro de mensaxes.
Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes de mensaxe > Mensaxes texto > Centros
de mensaxes > Engadir centro, introduza un nome e o número do seu provedor de
servizo.