Axuda Nokia
Comprobe www.nokia.com/support ou a páxina web local de Nokia para obter la última
versión desta guía, información adicional, descargas e servizos relativos ao seu produto
Nokia.
Servizo de configuración de parámetros
Descargue opcións de configuración gratuítas como MMS, GPRS, correo e outros servizos
para o seu modelo de teléfono en www.nokia.com/support.
Información xeral
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
8
O código de seguridade axuda a protexer o seu teléfono contra o uso non autorizado.
O código preconfigurado é 12345. Pode crear e cambiar o código e configurar o teléfono
para que solicite o código. Manteña o código secreto e nun lugar seguro separado do
seu teléfono. Se esqueceu o código e o seu teléfono está bloqueado, o teléfono requirirá
un servizo e poden aplicarse cargos adicionais. Para obter máis información, póñase en
contactoco co Nokia Care Point ou co distribuidor do teléfono.
Nokia PC Suite
Atopará o PC Suite e información relativa na páxina web de Nokia en www.nokia.com/
support.
Nokia Care services
Se necesita poñerse en contacto con Nokia Care Services, comprobe a
lista de centros de contacto locais de Nokia Care en www.nokia.com/
customerservice.
Mantemento
Para servizos de mantemento, consulte o seu punto de Nokia Care máis próximo en
www.nokia.com/repair.
2. Primeiros pasos
Instalación da tarxeta SIM e da batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1. Prema o botón de apertura (1) e retire a tapa posterior (2).
2. Retire a batería (3).
3. Abra o soporte da tarxeta SIM e insira a tarxeta SIM no soporte coa superficie de
contacto orientada cara a abaixo (4). Peche o soporte da tarxeta SIM.
4. Insira a batería (5) e coloque de novo a tapa posterior (6).
Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o dispositivo indica que a
batería dispón de pouca carga, siga estes pasos:
1. Conecte o cargador á toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique que a batería se atopa completamente
cargada, desconecte o cargador do dispositivo e logo da toma da
parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo específico e pode utilizar
o dispositivo durante o proceso de carga. Se a batería está completamente descargada,
é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para
poder visualizar o indicador de carga na pantalla.