Nokia 2323 classic - Códigos de acceso

background image

Códigos de acceso

O código PIN facilitado coa tarxeta SIM protexe a tarxeta contra o uso non autorizado.

O código PIN2 facilitado con algunhas tarxetas SIM é necesario para acceder a

determinados servizos. Se introduce o código PIN ou PIN2 incorrectamente tres veces

seguidas, pediráselle o código PUK ou PUK2. Se non os ten, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos.
O PIN do módulo é preciso para acceder á información do módulo de seguridade da

tarxeta SIM. O PIN de sinatura pode ser necesario para a sinatura dixital. O contrasinal

de restrición é preciso cando se usa o servizo de restrición de chamadas.
Para determinar o xeito no que o teléfono empregará os códigos de acceso e os axustes

de seguridade, seleccione Menú > Axustes > Seguridade.