Calendario e lista de tarefas
Seleccione Menú > Organizad. > Axenda. O día actual está marcado cun recadro. Se
se estableceu algunha nota para o día, este aparece en negriña.
Para poñer unha nota na axenda, desprácese ata unha data e seleccione Opcións >
Facer unha nota.
Para ver as notas do día, seleccione Ver. Para eliminar todas as notas da axenda,
seleccione Opcións > Borrar notas > Todas notas.
Para ver a lista de tarefas, seleccione Menú > Organizad. > Lista de tarefas. Aparece
a lista de tarefas ordenada por prioridade. Para engadir, eliminar ou enviar unha nota,
para marcar a nota como realizada ou para ordenar a lista de tarefas por data límite,
seleccione Opcións.